EMOCIOARTE, CANTARCHE, CONTARCHE, ESCRIBIRCHE EN PRIMARIA
O 29 de outubro celebramos o Magosto e fixémolo coincidir co Samaín, dada a situación sanitaria que se estaba a vivir nestes intres, para evitar máximos días de exposición a contaxios. Planificouse a actuación do grupo Queiroa, tanto para infantil como para Primaria, e ademais contamos coa presenza de Lupe Blanco, para cuxa actuación preparamos rimas nas aulas, utilizando o léxico aportado dende o EDLG, relacionado co Magosto e o Samaín. O alumnado participou activamente con esta regueifeira, así como na produción de rimas e poemas.