O alumnado de 6ºC, no segundo trimestre, analizou os movementos migratorios a partires dos sectores de traballo, primario, secundario e terciario. Neses momentos estaba a comezar con fervente ímpetu a guerra de Ucrania, e os medios de comunicación facíanse eco das tristes novas. Posto que recibiamos a prensa cada semana, traballamos estes temas de Ciencias Sociais A PARTIR DE REALIDADE, das novas dos xornais, da televisión, da economía, e como nos estaba a afectar e nos ía afectar nos distintos sectores de traballo; traballamos as vías de comunicación, o comercio por terra e mar; traballamos a Bolsa e os termos económicos que ían saíndo no xornal; e traballamos as distintas siglas e acrónimos que nos ían salpicando día a día. E, finalmente, traballamos a emigración como un proceso de búsqueda de liberdade, de evasión da dor e do sufrimento, moitas veces, que continuaba noutros países debido á morriña pola terra propia. Poidemos obsevar videos e fotografías de ref...