Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

CONTOS DE EMOCIÓNS E EMIGRACIÓN PARA O DÍA DO LIBRO

Imaxe
 A partires do léxico sobre emocións e emigración proporcionado polo EDLG,  o alumnado de 6ºC, realizou contos sobre emocións para o día do libro.  Traballando de xeito cooperativo, en grupos de 4, buscaron información sobre as emocións que querían traballar, sobre os países aos que ían emigrar, sobre a cultura, moeda e tradicións do mesmo...e ao final déronlle forma, no conxunto dun conto creado por eles, gravando cada parte, e introducindo toda a información obtida ( como a festa do final do Ramadán, buscando unha similitude coa Primeira Comunión da relixión que eles coñecen). Traballaron a oralidade e a precisión no léxico, utilizando as sesións correspondentes (3) para poder interiorizar todo o traballo realizado. A continuación quedan dous dos contos creados e traballados por elas/es. ACCESO AO VÍDEO  SOBRE OS CONTOS DA EMIGRACIÓN UNHA NOVA VIDA Dá igual o mundo no que vivas, a época ou as condicións sociais... segundo o alumnado, todo o mundo é digno de respeta...