CONTOS DE EMOCIÓNS E EMIGRACIÓN PARA O DÍA DO LIBRO


 A partires do léxico sobre emocións e emigración proporcionado polo EDLG,  o alumnado de 6ºC, realizou contos sobre emocións para o día do libro. 
Traballando de xeito cooperativo, en grupos de 4, buscaron información sobre as emocións que querían traballar, sobre os países aos que ían emigrar, sobre a cultura, moeda e tradicións do mesmo...e ao final déronlle forma, no conxunto dun conto creado por eles, gravando cada parte, e introducindo toda a información obtida ( como a festa do final do Ramadán, buscando unha similitude coa Primeira Comunión da relixión que eles coñecen).
Traballaron a oralidade e a precisión no léxico, utilizando as sesións correspondentes (3) para poder interiorizar todo o traballo realizado.
A continuación quedan dous dos contos creados e traballados por elas/es.





ACCESO AO VÍDEO 
SOBRE OS CONTOS DA EMIGRACIÓN


Dá igual o mundo no que vivas, a época ou as condicións sociais...
segundo o alumnado, todo o mundo é digno de respetar
 independentemente da súa condición sexual ou social.
Pódese escoitar neste conto argallado por elas/es de xeito tamén cooperativo.
Para este traballo investigaron como era a vida antes, agora, e como sería noutros países, 
máis como se poden sentir, por non ser respectados/as segundo o país onde te atopes,




Comentarios

Publicacións populares deste blog

EMOCIOARTE, CANTARCHE, CONTARCHE, ESCRIBIRCHE EN PRIMARIA

PROXECTO SOLIDARIO MONDEGO ONG INMIGRACIÓN