6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS

 1. CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS.

23 de febrero: Día de Rosalía de Castro

O alumnado traballou a figura de Rosalía, considerada a poetisa da emigración, sobre todo polo seu libro de poemas “Follas Novas”, no que fala dos emigrantes que marchaban de Galicia cara a América.

Analizaron o poema “Pra a Habana!” e a fotografía de Manuel de Ferrol, fotógrafo da emigración.

¡Pra a Habana!, Rosalía de Castro

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.


Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.


"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.


Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"

"¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca máis que a propia,
a iñorancia o consome.


¡Áńimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda!
¡I anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés desque tornemos
o que medran os robres!


Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos!
¡Mañán, Dios nos acoche!"
¡No sembrante a alegría,
no corazón o esforzo,
i a campana armoniosa da esperanza,
lonxe, tocando a morto!

Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.


Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.


E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.





Ademáis, disfrutaron bailando e cantando a canción: “Sempre Rosalía” do grupo musical Kókiti Música,

un rap no que se expoñen algúns aspectos da vida de Rosalía e algúns efectos da súa obra no tempo.

https://www.youtube.com/watch?v=YaU51ycizYw

 

17 de maio 2022: Letras galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán.

Para conmemorar o Día das Letras galegas, o alumnado realizou varias actividades:

Aprenderon algún datos sobre a vida e a obra de Florencio Delgado, un escritor galego que emigrou a México.

Elaboraron un marcapáxinas coa figura de Florencio Delgado.

Aprenderon o poema de Florencio “Ai ven o maio”, escoitando o poema musicado en Youtube https://www.youtube.com/watch?v=y5hCzwZtPjA

Escribiron palabras en galego para o mural do centro.

Asistiron á actuación do Coro Santa Comba de Veigue.

Escoitaron música e cancións tradicionais galegas como a “Muiñeira de Chantada” e “A rianxeira”.

 












Comentarios

Publicacións populares deste blog

EMOCIOARTE, CANTARCHE, CONTARCHE, ESCRIBIRCHE EN PRIMARIA

PROXECTO SOLIDARIO MONDEGO ONG INMIGRACIÓN