Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

DIA DE ROSALÍA EN INFANTIL

Imaxe
 O alumnado de 3 anos de infantil, coñeceu a Rosalía a partires do entorno máis achegado, a súa nai. A continuación traballaron as emocións polo sentimento materno, o debuxo, a escrita, a canción e o baile. Todo isto foi posible, en todo momento, grazas ao traballo das profesoras de PT e AL. que fixeron posible que a inclusión de todo o alumnado puidese darse mesmo nas situacións máis emocionantes. Traballaron tamén o abandono, relacionado coa emigración, e, xuntos, trataron de aprenderen novas palabras en galego, nun entorno tan castelán-falante. MAMÁ, ESTA É ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA 5º C

Imaxe
Lectura de distintos poemas de Rosalía de Castro vencellados á emigración. Reflexión na aula sobre dito proceso. Procura de información e selección de fontes.

A INCLUSIÓN NA EMIGRACIÓN: ES TI QUE CANTAS EN LINGUA DE SINAIS 6º C

  Co gallo da celebración do Día de Rosalía, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou o certame "ES TI QUE CANTAS", ao abeiro da produtora Pradolongo. Aínda que o certame era para maiores de 12 anos, e a convocatoria remataba en marzo (polo tanto só poderían participar aqueles/as que cumprisen anos antes desa data), comunicóusenos que poderían acompañar aos principais intérpretes outros/as alumnos/as do colexio.  De xeito que programamos unha actividade para versionar un poema de Rosalía. E, tendo en conta o noso PROXECTO INCLUSIVO, traballamos o poema "Pra Habana" , en lingua de sinais.  Aproveitamos a agradecemos a participación da ANPA do colexio , coa aportación das clases particulares da profesora Eva , que impartía clases de sinais como actividade extraescolar, para vir tres sesións a cada aula de sexto de primaria, e aprenderlles dúas estrofas desta poesía nunha linguaxe inclusiva.  Tras varios ensaios, un grupo de alumnos/as, entre os que había ne...