A INCLUSIÓN NA EMIGRACIÓN: ES TI QUE CANTAS EN LINGUA DE SINAIS 6º C
Co gallo da celebración do Día de Rosalía, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou o certame "ES TI QUE CANTAS", ao abeiro da produtora Pradolongo.
Aínda que o certame era para maiores de 12 anos, e a convocatoria remataba en marzo (polo tanto só poderían participar aqueles/as que cumprisen anos antes desa data), comunicóusenos que poderían acompañar aos principais intérpretes outros/as alumnos/as do colexio.
De xeito que programamos unha actividade para versionar un poema de Rosalía. E, tendo en conta o noso PROXECTO INCLUSIVO, traballamos o poema "Pra Habana", en lingua de sinais.
Aproveitamos a agradecemos a participación da ANPA do colexio, coa aportación das clases particulares da profesora Eva, que impartía clases de sinais como actividade extraescolar, para vir tres sesións a cada aula de sexto de primaria, e aprenderlles dúas estrofas desta poesía nunha linguaxe inclusiva.
Tras varios ensaios, un grupo de alumnos/as, entre os que había nenas/os de máis de 12 anos, expresaron estas dúas estrofas con linguaxe non verbal, e apoiada pola música libre de dereitos en modo rap, para achegalos máis ao seu día a día.
A presentación había que facela nun Reel de Instagram, de menos dun minuto, co cal, nese Reel, só se pode ver o resultado final...
Pero todo o proceso e a aprendizaxe vén do traballo previo; xa que, por exemplo, para explicar por que en sinais se di dunha determinada forma "viúvas de vivos e mortos", hai que entrar a falar dos sentimentos, das emocións, da vida das mulleres naquela época, e do que sentían... e por que se expresa dun xeito que non parece adecuado, pero sí o é, nunha soa oración.
Comentarios
Publicar un comentario