21 DE MARZO EN PRIMARIA , DÍA DA POESÍA, LINGUA, LIBERDADE E RELACIÓN INTERXENERACIONAL


 O 21 de marzo celebramos no noso colexio o Día da Poesía, coa presenza do coro local "Lembranzas". Malia que a situación sanitaria estaba a cambiar neses intres, e os colexios non sabían moi ben a que engancharse en canto a normativa e protocolos de precaución, en Mondego, tanto en Infantil como en Primaria, puidemos realizar actividades que non deixasen no esquecemento un día tan importante.

No caso da Educación Primaria, tentouse traer o coro LEMBRANZAS  para todos os niveis, mais as características das persoas que o integraban (maiores e xubilados/as de Sada), non permitían desenvolver esta actividade estando de pé por moito tempo. Nembargantes, a situación sanitaria requería realizar varias "funcións", no noso salón de actos, tal como estaban distribuídos os grupos nos recreos (por niveis), polo cal, calculando o tempo de actuación e o número das mesmas (tres), só se ofertou a actividade para os niveis de 5º e 6º. 

Aínda así, mantendo a distancia de seguridade entre cada integrante do coro, e entre o coro e o alumnado, así como o tempo entre a saída dos grupos e a entrada dos seguintes, puidemos disfrutar dunha hora e media de actuación.

As cancións interpretadas polos nosos maiores foron: SEMENTEIRA (de Fuxan os Ventos), O MEU AMOR É MARIÑEIRO (poesía musicada de Manuel Antonio), e unha mestura de cantigas populares como POLO RÍO ABAIXO VAI...

Para as dúas primeiras, elaboráronse dúas unidades didácticas, para traballar as EMOCIÓNS E SENTIMIENTOS, CON E SEN MÚSICA, a partires do sentimento pola terra, polo noso, e o desexo de liberdade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

EMOCIOARTE, CANTARCHE, CONTARCHE, ESCRIBIRCHE EN PRIMARIA

PROXECTO SOLIDARIO MONDEGO ONG INMIGRACIÓN