Publicacións

PROXECTO SOLIDARIO MONDEGO ONG INMIGRACIÓN

Imaxe
NADAL: APALPADOR,RECEITAS TRADICIONAIS GALEGAS, ONG INMIGRACIÓN E PROXECTO SOLIDARIO: No Nadal, incorporouse este ano a visita do Apalpador, e a escrita de receitas tradicionais galegas, encamiñadas a darlle ideas gastronómicas para axudar aos máis necesitados. A partir desta axuda, con motivo do 18 de decembro(día do Emigrante), contactamos coa ONG “Sen Valos”, adicada á inmigración e e refuxiados políticos, e fíxose unha recollida de alimentos, produtos de hixiene e xoguetes  en todo o colexio, mesmo tamén para outras dúas organizacións: Cáritas e Cruz Vermella. A recollida desta aportación foi agradecida pola ONG a través de mostras documentais. Agradecer, evidentemente, a doazón de caixas por parte da EMPRESA DE CARTONERÍA CUBICAJE, DE BERGONDO.  Gracias a esta empresa, puidemos recoller alimentos, hixiene e xoguetes en todas as aulas do colexio, a pesares da situación sanitaria. Como se pode ver nas mostras documentais enviadas dende a ONG Sen Valos, as súas caixas chegar...

EMOCION-ARTE, CANTARCHE EN INFANTIL

Imaxe
No Magosto e Samaín, o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar da actuación do grupo floklórico da comarca Queiroa. Tocaron e bailaron mentres comían castañas, e puideron aprender o nome de instrumentos musicais galegos e se EMOCIONABAN COA NOSA MÚSICA. O traballo e axuda das profesionais de PT  e AL, así como o profesor de música de infantil, fixeron posible que esta actividade se desenvolvese con normalidade e todos/as disfrutasen dunha actividade plenamente inclusiva.  

6ºB EDUCACIÓN INFANTIL CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS

Imaxe
  2. CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS.   Samaín: Celebramos o Samaín coa exposición de cabazas decoradas. Ademáis, o alumnado coñeceu que, en otros países, hai Centros Galegos onde se reúnen os galegos emigrados para realizar diferentes actividades e estar en contacto coa xente da súa terra. Así, lemos unha noticia e observamos fotografías de como no “Lar Gallego de Chile” celebraron o Samaín. https://www.espanaexterior.com/noticias/el-lar-gallego-de-chile-culmino-con-la-celebracion-del-samain-las-actividades-del-mes-de-la-hispanidad-4/ Magosto: Celebramos o Magosto coa degustación das castañas asadas e asistindo á actuación do grupo de música tradicional galega “Queiroa”. Ademáis, lemos unha noticia e observamos fotografías de como na “Agrupación Cultural Gallega de Hamburgo” celebraron o Magosto. https://www.espanaexterior.com/la-agrupacion-cultural-gallega-de-hamburgo-organizo-el-tradicional-magosto/ Nadal: Visita do apalpador ó colexio. Entroido: Ademáis de disfrazarnos e disfrut...

EMOCIOARTE, CANTARCHE, CONTARCHE, ESCRIBIRCHE EN PRIMARIA

Imaxe
O 29 de outubro celebramos o Magosto e fixémolo coincidir co Samaín, dada a situación sanitaria que se estaba a vivir nestes intres, para evitar máximos días de exposición a contaxios. Planificouse a actuación do grupo Queiroa, tanto para infantil como para Primaria, e ademais contamos coa presenza de Lupe Blanco, para cuxa actuación preparamos rimas nas aulas, utilizando o léxico aportado dende o EDLG, relacionado co Magosto e o Samaín. O alumnado participou activamente con esta regueifeira, así como na produción de rimas e poemas.