Publicacións

6º B EDUCACIÓN INFANTIL AS PAISAXES GALEGAS.

Imaxe
  4 .  AS PAISAXES GALEGAS. Os emigrantes galegos, ó marchar a outros países, non só votaban de menos a súa xente, senón que tamén sentían morriña das paisaxes de Galicia, como manifesta Rosalía de Castro no seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”. "Adiós ríos, adiós, fontes" Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!.

6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS

Imaxe
  1. CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS. 23 de febrero: Día de Rosalía de Castro O alumnado traballou a figura de Rosalía, considerada a poetisa da emigración, sobre todo polo seu libro de poemas “Follas Novas”, no que fala dos emigrantes que marchaban de Galicia cara a América. Analizaron o poema “Pra a Habana!” e a fotografía de Manuel de Ferrol, fotógrafo da emigración. ¡Pra a Habana!, Rosalía de Castro Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono sóio coa roupa vestida. "María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!" "¡Ánimo, compañeiros! Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia, a iñorancia o consome. ¡Áńimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque tornemos o que medran os robres! Mañán é o día grande, ¡á mar, amig

LETRAS GALEGAS, CERTAME LITERARIO EMOCIONARTE, CONTARCHE E ESCRIBIRCHE

Imaxe
 

17 MAIO DÍA DE INTERNET: AUDIOCONTOS INCLUSIVOS

Biografía sobre Florencio Delgado

Imaxe
O 17 de maio, coma cada ano, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Realizamos unha posta en común na aula sobre o que era a emigración: que entendemos por emigración, familiares que viviran este proceso, anécdotas, identificación de emocións... Tamén, elaboramos unha pequena biografía en pictogramas sobre o autor homenaxeado:

17 MAIO, DÍA DE INTERNET: XOGOS INTERACTIVOS INCLUSIVOS