Publicacións
6º B EDUCACIÓN INFANTIL AS PAISAXES GALEGAS.
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
4 . AS PAISAXES GALEGAS. Os emigrantes galegos, ó marchar a outros países, non só votaban de menos a súa xente, senón que tamén sentían morriña das paisaxes de Galicia, como manifesta Rosalía de Castro no seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”. "Adiós ríos, adiós, fontes" Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos; adios, vista dos meus ollos: non sei cando nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios! ¡Adios groria! ¡Adios contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!....
6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
1. CONMEMORACIÓNS TRABALLADAS. 23 de febrero: Día de Rosalía de Castro O alumnado traballou a figura de Rosalía, considerada a poetisa da emigración, sobre todo polo seu libro de poemas “Follas Novas”, no que fala dos emigrantes que marchaban de Galicia cara a América. Analizaron o poema “Pra a Habana!” e a fotografía de Manuel de Ferrol, fotógrafo da emigración. ¡Pra a Habana!, Rosalía de Castro Vendéronlle os bois, vendéronlle as vacas, o pote do caldo i a manta da cama. Vendéronlle o carro i as leiras que tiña; deixárono sóio coa roupa vestida. "María, eu son mozo, pedir non me é dado; eu vou polo mundo pra ver de ganalo. Galicia está probe, i á Habana me vou... ¡Adiós, adiós, prendas do meu corazón!" "¡Ánimo, compañeiros! Toda a terra é dos homes. Aquel que non veu nunca máis que a propia, a iñorancia o consome. ¡Áńimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda! ¡I anque ora vamos de Galicia lonxe, verés desque tornemos o que medran os robres! Mañán é o día grande, ¡á mar, amig...
LETRAS GALEGAS, CERTAME LITERARIO EMOCIONARTE, CONTARCHE E ESCRIBIRCHE
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
17 MAIO DÍA DE INTERNET: AUDIOCONTOS INCLUSIVOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Biografía sobre Florencio Delgado
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O 17 de maio, coma cada ano, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Realizamos unha posta en común na aula sobre o que era a emigración: que entendemos por emigración, familiares que viviran este proceso, anécdotas, identificación de emocións... Tamén, elaboramos unha pequena biografía en pictogramas sobre o autor homenaxeado:
17 MAIO, DÍA DE INTERNET: XOGOS INTERACTIVOS INCLUSIVOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
LETRAS GALEGAS, CORO DE VEIGUE E ANDURIÑAS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
CONTOS DE EMOCIÓNS E EMIGRACIÓN PARA O DÍA DO LIBRO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A partires do léxico sobre emocións e emigración proporcionado polo EDLG, o alumnado de 6ºC, realizou contos sobre emocións para o día do libro. Traballando de xeito cooperativo, en grupos de 4, buscaron información sobre as emocións que querían traballar, sobre os países aos que ían emigrar, sobre a cultura, moeda e tradicións do mesmo...e ao final déronlle forma, no conxunto dun conto creado por eles, gravando cada parte, e introducindo toda a información obtida ( como a festa do final do Ramadán, buscando unha similitude coa Primeira Comunión da relixión que eles coñecen). Traballaron a oralidade e a precisión no léxico, utilizando as sesións correspondentes (3) para poder interiorizar todo o traballo realizado. A continuación quedan dous dos contos creados e traballados por elas/es. ACCESO AO VÍDEO SOBRE OS CONTOS DA EMIGRACIÓN UNHA NOVA VIDA Dá igual o mundo no que vivas, a época ou as condicións sociais... segundo o alumnado, todo o mundo é digno de respeta...
21 DE MARZO: POESÍAS, AVÓS E AVOAS EN EDUCACIÓN INFANTIL. MORRIÑA DE ROSALÍA
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
21 DE MARZO EN PRIMARIA , DÍA DA POESÍA, LINGUA, LIBERDADE E RELACIÓN INTERXENERACIONAL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O 21 de marzo celebramos no noso colexio o Día da Poesía , coa presenza do coro local "Lembranzas". Malia que a situación sanitaria estaba a cambiar neses intres, e os colexios non sabían moi ben a que engancharse en canto a normativa e protocolos de precaución, en Mondego, tanto en Infantil como en Primaria, puidemos realizar actividades que non deixasen no esquecemento un día tan importante. No caso da Educación Primaria, tentouse traer o coro LEMBRANZAS para todos os niveis, mais as características das persoas que o integraban (maiores e xubilados/as de Sada), non permitían desenvolver esta actividade estando de pé por moito tempo. Nembargantes, a situación sanitaria requería realizar varias "funcións", no noso salón de actos, tal como estaban distribuídos os grupos nos recreos (por niveis), polo cal, calculando o tempo de actuación e o número das mesmas (tres), só se ofertou a actividade para os niveis de 5º e 6º. Aínda así, mantendo a distancia de seguridad...
ENQUISA SOBRE A EMIGRACIÓN 5º C
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Co gallo do día das letras galegas, traballamos na aula un noticieiro a través dunha entrevista a unha mestra do centro. Ela viviu preto de Florencio Delgado, mesmo coñeceu familia achegada, polo que foi moi significativo para o alumnado a súa conciencia do proceso de emigración. Acceso á entrevista: ENLACE .
A PRENSA, A REALIDADE E OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS 6º C
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O alumnado de 6ºC, no segundo trimestre, analizou os movementos migratorios a partires dos sectores de traballo, primario, secundario e terciario. Neses momentos estaba a comezar con fervente ímpetu a guerra de Ucrania, e os medios de comunicación facíanse eco das tristes novas. Posto que recibiamos a prensa cada semana, traballamos estes temas de Ciencias Sociais A PARTIR DE REALIDADE, das novas dos xornais, da televisión, da economía, e como nos estaba a afectar e nos ía afectar nos distintos sectores de traballo; traballamos as vías de comunicación, o comercio por terra e mar; traballamos a Bolsa e os termos económicos que ían saíndo no xornal; e traballamos as distintas siglas e acrónimos que nos ían salpicando día a día. E, finalmente, traballamos a emigración como un proceso de búsqueda de liberdade, de evasión da dor e do sufrimento, moitas veces, que continuaba noutros países debido á morriña pola terra propia. Poidemos obsevar videos e fotografías de ref...
6ºB EDUCACIÓN INFANTIL AS EMOCIÓNS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
3. AS EMOCIÓNS. Ó longo do curso traballamos as emocións de diferentes formas. Visita ó “Museo de Belas Artes” de A Coruña para coñecer a exposición “Arte e emocións” na que, en distintos cadros, aparecen esceas cotiás nas que se manifestan as seguintes emocións: ledicia, tristura e amor. Reflexionamos sobre en que momentos sentirían ledicia, tristura e amor os emigrantes galegos. Ledicia Tristura Amor Emocións experimentadas na aula: - Medo: xogamos a experimentar o medo cos sustos no Samaín Reflexionamos sobre en que momentos sentirían medo os emigrantes galegos: na viaxe, ó chegar a un país novo, ó non coñecer a ningún nese novo lugar,… - Ledicia: sentimos ledicia cada vez que escoitabamos e bailabamos a canción “Terra” de Tanxugueiras Reflexionamos sobre en que momentos sentirían ledicia os emigrantes galegos: o volver a Galicia, ó recibir noticias das súas familias, ó xuntarse con otros galegos no país ó que emigraron,… - Abraio: experimentamos...
A MULLER NA EMIGRACIÓN 5ºC, 6ºC
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Realizamos unha videoconferencia coa organización "Sen Valos" para coñecer de primeira man o papel da muller negra na emigración. A través das preguntas e as respostas, tanto das mulleres inmigrantes, como das mediadoras e mediadores, achegámonos un pouco máis ás dificuldades que xurden cando imos buscar a vida a outros países. A continuación podedes ver parte da videoconferencia, os motivos polos que se emigra noutros países, e que axuda ofrecen estas ONGs. POR QUE EMIGRAN QUE SERVIZOS PRESTAS AS ONGs DE SERVIZO A REFUXIADOS
DIA DE ROSALÍA EN INFANTIL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O alumnado de 3 anos de infantil, coñeceu a Rosalía a partires do entorno máis achegado, a súa nai. A continuación traballaron as emocións polo sentimento materno, o debuxo, a escrita, a canción e o baile. Todo isto foi posible, en todo momento, grazas ao traballo das profesoras de PT e AL. que fixeron posible que a inclusión de todo o alumnado puidese darse mesmo nas situacións máis emocionantes. Traballaron tamén o abandono, relacionado coa emigración, e, xuntos, trataron de aprenderen novas palabras en galego, nun entorno tan castelán-falante. MAMÁ, ESTA É ROSALÍA
A INCLUSIÓN NA EMIGRACIÓN: ES TI QUE CANTAS EN LINGUA DE SINAIS 6º C
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Co gallo da celebración do Día de Rosalía, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou o certame "ES TI QUE CANTAS", ao abeiro da produtora Pradolongo. Aínda que o certame era para maiores de 12 anos, e a convocatoria remataba en marzo (polo tanto só poderían participar aqueles/as que cumprisen anos antes desa data), comunicóusenos que poderían acompañar aos principais intérpretes outros/as alumnos/as do colexio. De xeito que programamos unha actividade para versionar un poema de Rosalía. E, tendo en conta o noso PROXECTO INCLUSIVO, traballamos o poema "Pra Habana" , en lingua de sinais. Aproveitamos a agradecemos a participación da ANPA do colexio , coa aportación das clases particulares da profesora Eva , que impartía clases de sinais como actividade extraescolar, para vir tres sesións a cada aula de sexto de primaria, e aprenderlles dúas estrofas desta poesía nunha linguaxe inclusiva. Tras varios ensaios, un grupo de alumnos/as, entre os que había ne...
PROXECTO SOLIDARIO MONDEGO ONG INMIGRACIÓN
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
NADAL: APALPADOR,RECEITAS TRADICIONAIS GALEGAS, ONG INMIGRACIÓN E PROXECTO SOLIDARIO: No Nadal, incorporouse este ano a visita do Apalpador, e a escrita de receitas tradicionais galegas, encamiñadas a darlle ideas gastronómicas para axudar aos máis necesitados. A partir desta axuda, con motivo do 18 de decembro(día do Emigrante), contactamos coa ONG “Sen Valos”, adicada á inmigración e e refuxiados políticos, e fíxose unha recollida de alimentos, produtos de hixiene e xoguetes en todo o colexio, mesmo tamén para outras dúas organizacións: Cáritas e Cruz Vermella. A recollida desta aportación foi agradecida pola ONG a través de mostras documentais. Agradecer, evidentemente, a doazón de caixas por parte da EMPRESA DE CARTONERÍA CUBICAJE, DE BERGONDO. Gracias a esta empresa, puidemos recoller alimentos, hixiene e xoguetes en todas as aulas do colexio, a pesares da situación sanitaria. Como se pode ver nas mostras documentais enviadas dende a ONG Sen Valos, as súas caixas chegar...